
O vindeiro venres, o Seminario Menor volve a festexar a san Tomé de Aquino. Despois da celebración da Eucaristía, terá lugar o xa tradicional concurso, que este ano presenta numerosas novidades, ainda que, coma sempre, será premiado o “coñecemento”. Nesta edición non hai un tema, nin un dossier que estudar. As preguntas terán relación co que os alumnos fixeron no primeiro trimestre, coa actualidade e con preguntas de cultura xeral.




