Tras varias semanas de xestións, e tal e como explicabamos na pasada Escola de pais, estos días poñeremos en marcha a nova plataforma de comunicación entre o Centro e as familias.
Nesta primeira semana do mes, os profesores están rematando de coñecer en profundidade o seu funcionamento. O luns 10 empezaremos a traballar con ela dunha forma plena e a partires do mércores 12 os pais recibirán no seus correos electrónicos as claves para acceder a plataforma e obter información detallada sobre a evolución académica dos seus fillos, facilitar a comunicación, recibir avisos, saber datas de exames e tarefas pendentes, etc.
Trátase dun servizo moi demandado por parte das familias, sobre todo despóis de levar varios anos traballando co anterior Sistema de Xestión Docente. O Seminario Menor fai un esforzo por poder recuperar esta ferramenta, de parecidas características, pero mellorado, polo que pedimos a todos facer un uso responsable no que saquemos o maior proveito.
Se pasado o mércores 12, algún pai non recibira o correo en cuestión, rogamos se poña en contacto con nós no seguinte enderezo: santiromero@smasuncion.es





