Con tristura recibimos a noticia do pasamento de D. Antonio Sineiro, párroco de Vilanova de Arousa e formador nesta casa durante case unha década alá polos anos 70.
D. Antonio (Tucho, como era coñecido) destacou sempre pola súa afabilidade e inovación educativa, o que o levou a ser durante moitos anos delegado diocesano de catequese.
Dende aquí unímonos ao pésame á suá familia e comunidade parroquial e invitámosvos a presentalo na vosa oración particular.
O enterro será o xoves 6 de agosto, ás 19:00 horas, na igrexa parroquial de San Cibrán de Vilanova de Arousa.