Parece que inda foi onte cando tiñamos a nosa particular celebración do Nadal e a entrega de notas e resulta que xa estamos a mediados de xaneiro, metidos de cheo na segunda avaliación.
Toca volver a centrarse despois duns días de descanso coa familia e retomar os libros, os apuntes, os exercicios, a vida comunitaria… pero tamén outro tipo de actividades de tipo cultural-formativo que van máis alá do estritamente académico. Tal é o caso das diversas visitas desta semana.
Na mañá do mércores, os alumnos da ESO, en diversas quendas, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo levado a cabo cos residuos por parte de Sogama. Non se trata simplemente de quen se encarga de recoller o lixo nas nosas rúas ou de ata onde é levado, senon do tratamente que se lle da: a reciclaxe, o tratamento, o aproveitamento…
Nesa mesma mañá, pero neste caso cos alumnos de Bacharelato, no salón de actos tiña lugar un fluido diálogo entre os nosos rapaces e dous exdeputados do Parlamento galego: Mª Marta Álvarez Montes (do Partido Popular) e Xesús Veiga Buxán (do Bloque Nacionalista Galego). Excusaba a súa asistencia outro exdeputado do Partido Socialista que, finalmente, non puido asistir. Ao longo desta conversa os exdeputados trataronnos de explicar e achegar o funcionamento das diversas institucións lexislativas, nun momento no que todos somos conscientes da perda de confianza depositada nos representantes públicos. Agradecemos dende aquí o diálogo sincero e cordial mantido neste encontro.
Por outra banda, o venres retomaremos a Escola de Familias, a partires das catro da tarde. O temática deste sesión versará sobre O desafío de educar no ocio, e estará dirixida por membros do Departamento de Teoría de Educación da Facultade de Ciencias da Educación da USC. Reafirmamos dende aquí o noso desexo de contar con tódolos pais que podan asistir.
E non só, no caso dos proxenitores; tamén os nosos formadores teñen as súas xornadas de formación (valga a redundancia). Con tal motivo asistirán estos días ao XXXIV Encontro Nacional de Rectores e Formadores de Seminarios Menores en Madrid.
Por último, felicitar dende aquí ao noso secretario e profesor de Xeografía e Historia, D. Constantino Fuentes que, xunto a D. Fernando de Castro (tamén membro, no seu día, do noso claustro de profesores), presentaban este sábado no Teatro Principal de Santiago, un conto para nenos sobre educación vial que está tendo unha moi boa acollida. A ilusión que os nosos profesores mostran dentro e fora da aula supón sempre un estímulo para seguir gastándonos e desgastándonos na apaixoante aventura da educación e o acompañamento vocacional.