O pasado venres, a Policía local de Santiago, como fai cada ano, visitou o noso centro para presentar a súa nova campaña de seguridade viaria.
Durante máis de dúas horas, expuxeron aos nosos alumnos de 3º de ESO e Bacharelato, a importancia de usar cinto e casco, e o importante que é evitar o consumo de alcol e drogas ao conducir calquera vehículo. Tamén se incidiu na responsabilidade como peóns e o respecto a todos na vía pública para evitar atropelos, o uso dos patinetes eléctricos, ou de dispositivos electrónicos.
Ao longo da exposición, os alumnos e profesores asistentes, puidemos comprobar os efectos das condutas irresponsables e neglixentes mediante impactantes vídeos e testemuños en primeira persoa.
Na quenda de preguntas, os axentes aclararon as numerosas preguntas e dúbidas expostas polos asistentes á charla e lembráronnos a moitos a necesidade dunha correcta educación para a prevención de accidentes.
Desde aquí queremos agradecer ao departamento de Educación Viaria do Concello a súa sempre amable disposición e deferencia co noso centro académico, este ano ademais dificultado polas condicións da Covid-19.
Constantino Fuentes