A semana pasada, un grupo de alumnos de 4º ESO e Bacharelatodesprazámonos ata a facultade de Matemáticas para unha charla titulada “Matemáticas e arte” ou “Arte e matemáticas”, xa que tamén nisto cúmprese a propiedade conmutativa.
O ponente mostrounos coma as matemáticas están nos retablos das igrexas, nas proporcións dos claustros, no arte islámico, no arte antigo e no contemporáneo, na moda e na natureza (que tamén é arte e que tanto utilizaba Gaudí na súa arquitectura).
Despois de tan densa información a camiñata de volta ao Seminario foi o complemento perfecto para a actividade.







