Xa é Cuaresma? Esa foi a pregunta dun alumno de Bacharelato cando se lle dixo que tiñan que ir a capela. Ben saben eles que cada vez que comezamos un tempo litúrxico forte, temos unha celebración da Palabra que nos introduce no que a Igrexa está a celebrar.
Partindo da mensaxe do Papa Francisco para este tempo coresmal, os alumnos -en dúas quendas- foron quen de decatarse que ao que o Señor nos chama nestes días é a unirnos mais ao seu proxecto de amor. É verdade que nos pide algún “sacrificio”, pero iso lévanos mais lixeiros polo camiño cara a Pascua.
Comezamos a Coresma con alegría, queremos seguir estando alegres na preparación da Pascua, e a alegría será o que nos faga superar os posibles atrancos que atopemos na nosa vida. O noso Deus é un Deus alegre e quérenos alegres. A Coresma axúdanos.
Director Espiritual